Archivo por meses: marzo 2020
3º Semana Escola na casa 30 de marzo-5 de abril
Bos días, EQUIPAZO 3ºA:
O primeiro, espero que todos vós e as vosas familias estedes ben.
E o seguinte que quero dicir é GRAZAS por demostrar tanta responsabilidade, tesón, e paciencia. ESTOU ORGULLOSA DE ESTE EQUIPAZO 3ºA; DE TODOS E CADA UN DE VÓS! Mirade A VOSA ARTE…NA CASA…
ALGUNHA ACLARACIÓN PARA ORGANIZARNOS MELLOR
- Sobre as tarefas que fixestes esta semana decir que fun vendo cada traballo que enviastes e estou impresionada do ben que esto está funcionando. Gustaríame, si pode ser, que cuando me mandedes un aviso dalgunha tarefa en concreto me poñades algo moi sinxelo: nome da asignatura, nº do tema, número de exercicio e formato. Exemplo: Sociais, Tema 6 Ex:23, 24 en Vicens Dixital. A razón é que manexamos diferentes canles: Snappet, Vicens dixital, correos…é facedes diferentes actividades. Deste xeito é mais doado para min localizar cada exercicio.
- Seguide usando o formato que vos sexa máis cómodo: cuaderno, dixitais, correo…
- En Vicens Dixital (Edubook) apareceron exercicios con algún erro. Cuando mos enviades eu pásollos á editorial para que corrixan, e eles contestan coa corrección moi rápido, pero xa sei que iso vos da un pouco de rabia. Non podemos facer outra cousa, a informática é así. Non levedes mal rato por isto. Mais paciencia!
- INGLÉS: Está cargado en Snappet Inglés para os que desexedes practicar. Non é exactamente igual que o libro de texto pero traballa os obxectivos deste curso. Está moi chulo!
- Ben, e como nos queda unha semaniña para rematar o trimestre non imos avanzar materia. Imos a tomarnos en serio o de repasar e afianzar o que traballamos ata agora, pero recordade que non imos a avaliar, imos APRENDER. Polo tanto ahí vai a miña proposta para esta derradeira semana do 2º trimestre:
PROPOSTA PARA 3º SEMANA DO 20 de MARZO AO 5 DE ABRIL
- MATEMÁTICAS: Repaso 2º trimestre: Vicens Dixital ten un repaso fácil.
- L. GALEGA: Repaso 2º trimestre: Podes usar os apartados de Vicens Dixital: «Avalío os meus logros. Segundo trimestre» e/o «Practico as miñas competencias. Segundo trimestre»
- L. CASTELLANA: Repaso 2º trimestre: Puedes usar los apartados de Vicens Digital: «Evalúo mis logros. Segundo trimestre y/o Practico competencias. Segundo trimestre»
- CC. SS: DESCANSO. Está todo feito de momento.
- CC. NN: Para coñecer mellor que está pasando o profe Xaquín dende a páxina do cole propúxonos un RETO que nos axudará. Titúlase: «Coronavirus: Coñecelo para derrotalo» Podemos lelo, facer as actividades que propón, facer un pequeno resumo co que aprendín, un debuxo…é moi interesante!! Pero, ollo, hai algunha palabra «científica» que non vos debe preocupar;cando se investiga en algo debe ser así: Preme aquí para acceder aos contidos
Esta información compártese a través do whatsapp do CEIP Condesa de Fenosa e do blogue da Aula de Carmela
Boa semana a todos e todas. Saúde!
SEMANA DO 23 AO 29 DE MARZO
LUNS, 23/03/2020
Bos días, EQUIPAZO 3ºA:
Agora que xa vencimos a primeira semana e estamos máis organizados quero animarvos a continuar na tarefa que iniciamos. A vosa participación foi fundamental para arrancar.
Xa teño idea de como ides, por iso esta semana imos adicala a repasar. Únicamente en matemáticas avanzaremos un pouco (Tema 10: Tiempo y Dinero) porque o tema é moi fácil e préstase a xogos e actividades divertidas: xogar a tendas, construir reloxos…imaxinación!
Tampouco podemos esquecer a creatividade. Plástica, é tan importante como calquera outra materia. Polo tanto, aquí temos a
PROPOSTA PARA SEMANA DO 23 AO 29 DE MARZO
1 Matemáticas: Tema 10: Tiempo y Dinero
2 L. Galega: Repaso ata tema 9
3 L. Castellana: Repaso ata tema 9
4 CC. SS: Repaso ata tema 6
5 CC. NN: Repaso ata tema 6
6 Plástica: Aquí xa sabedes que o que mellor funciona é «enriquecer», explicade na casa o que significa isto!
Pintar, recortar, collage, mandalas…a técnica que vos guste.
Ademáis xa veríades a preciosa presentación que o noso cole ten posta na páxina Web titulada«Queda na casa, todo vai ir ben»; podemos seguir aportando os nosos debuxos, só tedes que enviarmos.
Tamén Natacha sigue ofrecéndonos unha selección de páxinas para divertirnos e aprender. Pica aquí orientacióncondesa.
NON ESQUEZADES QUE:
Traballamos para aprender, non para avaliar. Sempre con calma e respectando o ritmo de cada un/unha.
Toda esta información son consellos, non obrigas e se comparte igualmente no Whatsapp do Colexio.
Estou moi orgullosa de vós. Boa semana a todos e todas!!
Semana do 16 ao 22 de marzo
BOS DÍAS A TODOS/AS-TAREFAS EN CASA
«O sentido está ben, pero…o sentidiño…»
Ola a todos e todas:
Moitas veces me tedes oído falar de responsabilidade e hoxe empezamos unha nova práctica que suporá un reto para todos e todas.
Non asistiredes a clase durante uns días, pero é importante que na vosa casa manteñades unha rutina de traballo escolar, haberá tempo para todo, pero insisto en que sempre que sexa posible, teñades un horario de tarefas escolares. É moi importante e fará que vos sintades mellor.
Tede en conta que: Cada un fará o que poida. Se non entendo algo, tranquilo, podemos pedir axuda polo blog, polo correo, tamén a túa familia pode escribirme un whatsapp. O obxectivo é practicar, NON AVALIAR.
Para elo teremos varias vías de comunicación:
- NESTA PÁXINA: cada día eu irei marcando actividades das diferentes áreas.
- Snappet sigue aberto eu irei vendo os vosos progresos.
- Abrín un correo electrónico de aula se algún de vós quere comunicarse comigo por esta vía: dúbidas, enviar algunha tarefa, calquera comentario.
Dirección de correo electrónico: Condesa3a@gmail.com
EN «ASUNTO» POÑEDE SEMPRE O VOSO NOME E APELIDOS
Confío tanto en todos vós, e estou tan orgullosa de cada un e cada unha que non teño dúbida de que todo sairá ben. Se necesitades calquera aclaración poñédevos en contacto comigo.
Moitas grazas equipo. Saúde!!
Carmela
Tfno: 666088225
TAREFAS PARA VENRES, 13 de MARZO:
- MATEMÁTICAS: Tema 9: Ej. 24, 25, 26
- CASTELLANA TEMA 9: Lectura: «La máquina de maullar»
Ejercicio 1, 2, 3, 4, 5, 6 (son preguntas de comprensión lectora)
3.CC.SS: Escribir unha lenda, refrán ou tradición da nosa cultura.