Archivo por meses: abril 2020
Videoreunión luns, 20 de abril ás 12:00h
Ola a todas/os:
Para poder aproveitar a reunión do luns imos concretar un pouco de que imos falar. 1ºSaúdo.
2º Cada un comentará como vai como cociñeira/o e escribindo o correo electrónico coa receita. Non vos preocupedes si alguén non pode telo feito; temos tempo! Quero saber si necesitades axuda, que aprendestes facendo isto, se vos gustou facelo… Elaboraremos un libro de receitas; por cierto: algunha suxestión para o título??…Xa me diredes.
3º PROPOSTA PARA ESTA SEMANA: HÁBITO DE LECTURA Sempre que sexa posible, é importante que empecemos a ter algunha rutina establecida. Algo que, fagamos todos os días a mesma hora. Gustaríame que empezáramos por marcar un tempo diario de lectura. Para isto só necesitamos 2 cousas: *Ese libro que nos ides presentar. *Un calendario onde cubrades o voso momento de lectura diario durante a semana. Preguntade na casa para que vos aconsellen cal é o tempo mellor para isto é marcadelo no voso calendario. Non esquezades poñelo nun lugar visible para todos, así saberán na casa a que hora non se vos pode molestar porque estades lendo. Eu deixovos un modelo de calendario por si vos axuda, pero seguro que vós facedes maravillas.)
4º Por último: Snappet,Vicens os enlaces que imos poñendo no blogue seguen en uso en todo momento para repasar, reforzar, e non esquecer o que aprendemos. Se necesitades calquera axuda, non tedes máis que poñer un whassap e quedamos. Cada vez vai mellor o correo electrónico. Vémonos o próximo xoves día 23 á mesma hora (12:00) para ver como vai a cousa. Falaremos de como vai a rutina de lectura e podedes traer un pequeno resumo do que estades a ler (Título, Autor, De que vai a historia, a vosa opinión..entre 5 e 10 liñas,tamén podedes envialo por correo electrónico)
FAMILIAS!!: TODO O DITO SON PROPOSTAS, QUE CADA UN DE VÓS SABE SE SON VIABLES OU NON. ESTAMOS EN CONTACTO PARA AXUDAR. MOITO ÁNIMO!!
APLAUSOS
Ola equipazo 3A, como estades?
Hoxe, o aplauso vai para todos/as vós.
Empezaremos con ilusión, alegría e moitas novidades este trimestre que será…algo diferente aos demais.
Por eso mañá, martes día 14 ás 12:OOh xuntarémonos a través da plataforma Cisco Webex para vernos. Boas noites e ata mañá!
10 canciones de los CantaJuegos para que los niños se muevan y disfruten. http://www.ayudaparamaestros.com/2020/03/10-canciones-de-los-cantajuegos-para.html
Estas 10 canciones de los CantaJuego suelen entusiasmar a toda la familia. Haced clic en cada una de ellas para acceder a los vídeos.
1. Soy una taza.
2. Chuchuwá.
3. La mané.
4. El baile del hula hoop.
5. El baile del gorila.
6. Coco en su río.
7. El payaso tallarín.
8. Cosquillas.
9. Levantando las manos.
10. El arca de Noé.
Feliz Pascua!
Ola Equipazo 3ºA, como estades?
Quero felicitarvos a Pascua con algo rico, rico e fácil de facer! Saúde!😘😘
Rematamos o 2° Tremestre
Ola EQUIPAZO 3°A,
Cheguo o tempo do merecido descanso.
Agora toca reposar o que aprendemos e facer esas cousas q nos gustan tanto: durmir un pouco mais, ler, xogar as cartas, bailar…e coller forzas para o próximo trimestre.
Grazas as familias por estar ahí dende o primeiro momento.
O meu teléfono non se apaga.
Bicos, e saúde…💪🏼😘🌈
https://www.museodelprado.es/busqueda-multimedia?search=audiogu%C3%ADa%20infantil&gnoss:type=efrbrer:Video
PROPOSTAS-audiovisuais- DIVERTIDAS
Ola EQUIPAZO 3A,
Teño un par de PROPOSTAS-audiovisuais- DIVERTIDAS agora que as actividades do trimestre están practicamente rematadas:
- Dende a DINORADIO do cole pídennos se podemos facer PEQUENOS AUDIOS EN GALEGO contando como estamos pasando estes días na casa: que lemos, se facemos algo deporte, que botamos de menos da escola…So tedes que mandarme un audio ao meu whatsapp.
- A seguinte consiste en facer unha foto como nos dicen no seguinte video. Se vos facedes fotos con animais e despois mas enviades podemos montar unha presentación entre todos e poñela no blogue.É facilísimo e eu xa fixen a broma.. e algún …picou!!
Eu xa probei:)
Espero que pasedes un bo rato!
Saúde, e ata pronto!