Ola a todas/os:
Para poder aproveitar a reunión do luns imos concretar un pouco de que imos falar. 1ºSaúdo.
2º Cada un comentará como vai como cociñeira/o e escribindo o correo electrónico coa receita. Non vos preocupedes si alguén non pode telo feito; temos tempo! Quero saber si necesitades axuda, que aprendestes facendo isto, se vos gustou facelo… Elaboraremos un libro de receitas; por cierto: algunha suxestión para o título??…Xa me diredes.
3º PROPOSTA PARA ESTA SEMANA: HÁBITO DE LECTURA Sempre que sexa posible, é importante que empecemos a ter algunha rutina establecida. Algo que, fagamos todos os días a mesma hora. Gustaríame que empezáramos por marcar un tempo diario de lectura. Para isto só necesitamos 2 cousas: *Ese libro que nos ides presentar. *Un calendario onde cubrades o voso momento de lectura diario durante a semana. Preguntade na casa para que vos aconsellen cal é o tempo mellor para isto é marcadelo no voso calendario. Non esquezades poñelo nun lugar visible para todos, así saberán na casa a que hora non se vos pode molestar porque estades lendo. Eu deixovos un modelo de calendario por si vos axuda, pero seguro que vós facedes maravillas.)
4º Por último: Snappet,Vicens os enlaces que imos poñendo no blogue seguen en uso en todo momento para repasar, reforzar, e non esquecer o que aprendemos. Se necesitades calquera axuda, non tedes máis que poñer un whassap e quedamos. Cada vez vai mellor o correo electrónico. Vémonos o próximo xoves día 23 á mesma hora (12:00) para ver como vai a cousa. Falaremos de como vai a rutina de lectura e podedes traer un pequeno resumo do que estades a ler (Título, Autor, De que vai a historia, a vosa opinión..entre 5 e 10 liñas,tamén podedes envialo por correo electrónico)
FAMILIAS!!: TODO O DITO SON PROPOSTAS, QUE CADA UN DE VÓS SABE SE SON VIABLES OU NON. ESTAMOS EN CONTACTO PARA AXUDAR. MOITO ÁNIMO!!