INVITACIÓN CIBERCOLE 27 DE ABRIL ÁS 12:00h
https://eduxunta.webex.com/meet/carmelag
Ola EQUIPAZO «3R»:
Para estar tod@s a gusto lembrade que durante a «ciberclase» hai que estar tranquilos, quietos na nosa cadeira, falando no teu turno e escoitando aos demais ata o final. Falaremos de:
1º BOS DÍAS, COMO ESTADES?
Tod@s compartiremos algo cos compañeir@s… Quen teña a actividade de «Pensando en saír de casa» pode lela…Xa recibín un montón e están chulísimas.
2º Posiblemente esta vez nos acompañe NATACHA; si queredes comentarlle algo será bo momento.
3º FALAREMOS DAS TAREFAS DESTA SEMANA: Semana MATEMÁTICA. Gracias a aplicación que compartiu Susana agora xa sabedes tod@s o que é 1 Km…e tamén 1 metro. 1 Km = 1.000 m
Para practicar isto podedes ir o noso BLOG: MATERIAS 3ºEP-MATEMATICAS, ou en SNAPPET: TEMA 11 ou en VICENS VIVES DIXITAL: TEMA 11.
ELEXIDE o que vos sexa mais cómodo e sinxelo. MELLOR, POUCO E BEN..! E coma sempre, as tarefas que fagades no cuaderno, si se pode, mandadeas por correo: condesa3a@gmail.com
4º CONTAREIVOS UN SEGREDO…
5º ACLARACIÓNS
-
Seguimos coa rutina de lectura. Se necesitades libros en Aula de Carmela xa temos A NOSA BIBLIOTECA que iremos nutrindo aos poucos.
-
O LIBRO DE COCIÑA está en proceso, pero aínda me falta algunha receita.
-
CONTO x WHATSAPP – ENIGMA BIBLIOTECA
6º PRÓXIMA REUNIÓN: este XOVES, 30 de abril se non hai novidade.
Estará con nós teacher Merche. Avisarei antes.
6º PREGUNTAS e SUXESTIÓNS
Ata mañá, EQUIPO 3R: RESPONSABLES, REALISTAS E RESPETUOS@S
FAMILIAS, TODO O DITO SON PROPOSTAS, QUE CADA UN DE VÓS SABE SE SON VIABLES OU NON. ESTAMOS EN CONTACTO PARA AXUDAR. MOITO ÁNIMO!
Esta información está en Aula de Carmela e no whatsApp 3ºA