«O sentido está ben, pero…o sentidiño…»
Ola a todos e todas:
Moitas veces me tedes oído falar de responsabilidade e hoxe empezamos unha nova práctica que suporá un reto para todos e todas.
Non asistiredes a clase durante uns días, pero é importante que na vosa casa manteñades unha rutina de traballo escolar, haberá tempo para todo, pero insisto en que sempre que sexa posible, teñades un horario de tarefas escolares. É moi importante e fará que vos sintades mellor.
Tede en conta que: Cada un fará o que poida. Se non entendo algo, tranquilo, podemos pedir axuda polo blog, polo correo, tamén a túa familia pode escribirme un whatsapp. O obxectivo é practicar, NON AVALIAR.
Para elo teremos varias vías de comunicación:
- NESTA PÁXINA: cada día eu irei marcando actividades das diferentes áreas.
- Snappet sigue aberto eu irei vendo os vosos progresos.
- Abrín un correo electrónico de aula se algún de vós quere comunicarse comigo por esta vía: dúbidas, enviar algunha tarefa, calquera comentario.
Dirección de correo electrónico: Condesa3a@gmail.com
EN «ASUNTO» POÑEDE SEMPRE O VOSO NOME E APELIDOS
Confío tanto en todos vós, e estou tan orgullosa de cada un e cada unha que non teño dúbida de que todo sairá ben. Se necesitades calquera aclaración poñédevos en contacto comigo.
Moitas grazas equipo. Saúde!!
Carmela
Tfno: 666088225
TAREFAS PARA VENRES, 13 de MARZO:
- MATEMÁTICAS: Tema 9: Ej. 24, 25, 26
- CASTELLANA TEMA 9: Lectura: «La máquina de maullar»
Ejercicio 1, 2, 3, 4, 5, 6 (son preguntas de comprensión lectora)
3.CC.SS: Escribir unha lenda, refrán ou tradición da nosa cultura.