Bos días, EQUIPAZO 3ºA:
O primeiro, espero que todos vós e as vosas familias estedes ben.
E o seguinte que quero dicir é GRAZAS por demostrar tanta responsabilidade, tesón, e paciencia. ESTOU ORGULLOSA DE ESTE EQUIPAZO 3ºA; DE TODOS E CADA UN DE VÓS! Mirade A VOSA ARTE…NA CASA…
ALGUNHA ACLARACIÓN PARA ORGANIZARNOS MELLOR
- Sobre as tarefas que fixestes esta semana decir que fun vendo cada traballo que enviastes e estou impresionada do ben que esto está funcionando. Gustaríame, si pode ser, que cuando me mandedes un aviso dalgunha tarefa en concreto me poñades algo moi sinxelo: nome da asignatura, nº do tema, número de exercicio e formato. Exemplo: Sociais, Tema 6 Ex:23, 24 en Vicens Dixital. A razón é que manexamos diferentes canles: Snappet, Vicens dixital, correos…é facedes diferentes actividades. Deste xeito é mais doado para min localizar cada exercicio.
- Seguide usando o formato que vos sexa máis cómodo: cuaderno, dixitais, correo…
- En Vicens Dixital (Edubook) apareceron exercicios con algún erro. Cuando mos enviades eu pásollos á editorial para que corrixan, e eles contestan coa corrección moi rápido, pero xa sei que iso vos da un pouco de rabia. Non podemos facer outra cousa, a informática é así. Non levedes mal rato por isto. Mais paciencia!
- INGLÉS: Está cargado en Snappet Inglés para os que desexedes practicar. Non é exactamente igual que o libro de texto pero traballa os obxectivos deste curso. Está moi chulo!
- Ben, e como nos queda unha semaniña para rematar o trimestre non imos avanzar materia. Imos a tomarnos en serio o de repasar e afianzar o que traballamos ata agora, pero recordade que non imos a avaliar, imos APRENDER. Polo tanto ahí vai a miña proposta para esta derradeira semana do 2º trimestre:
PROPOSTA PARA 3º SEMANA DO 20 de MARZO AO 5 DE ABRIL
- MATEMÁTICAS: Repaso 2º trimestre: Vicens Dixital ten un repaso fácil.
- L. GALEGA: Repaso 2º trimestre: Podes usar os apartados de Vicens Dixital: «Avalío os meus logros. Segundo trimestre» e/o «Practico as miñas competencias. Segundo trimestre»
- L. CASTELLANA: Repaso 2º trimestre: Puedes usar los apartados de Vicens Digital: «Evalúo mis logros. Segundo trimestre y/o Practico competencias. Segundo trimestre»
- CC. SS: DESCANSO. Está todo feito de momento.
- CC. NN: Para coñecer mellor que está pasando o profe Xaquín dende a páxina do cole propúxonos un RETO que nos axudará. Titúlase: «Coronavirus: Coñecelo para derrotalo» Podemos lelo, facer as actividades que propón, facer un pequeno resumo co que aprendín, un debuxo…é moi interesante!! Pero, ollo, hai algunha palabra «científica» que non vos debe preocupar;cando se investiga en algo debe ser así: Preme aquí para acceder aos contidos
Esta información compártese a través do whatsapp do CEIP Condesa de Fenosa e do blogue da Aula de Carmela
Boa semana a todos e todas. Saúde!