Seguimos de celebración, hoxe tivemos unha visita especial: un grupo de rapazas do clube de lectura viñeron a nosa aula a lernos un conto, pero non un conto calquera era un KAMISHIBAI.Así lle contaban as historias aos nenos en Xapón hai centos e centos de anos.Moitas grazas por compartir con nós este tempo de lectura.
Hoxe é un día especial e queremos celebralo. O día do libro lémbranos o importante que é ler.
Lede un pouquiño cada día e veredes o que pasa…