NUMBERS REVIEW WORD SEARCH
💌 INVITACIÓN CIBERCOLE 3ºA 💌
XOVES, día 23 de abril ás 12:00h 🕛
https://eduxunta.webex.com/meet/carmelag
Bo día a tod@s,
Para poder aproveitar a reunión do xoves imos concretar un pouco de que imos falar.
1ºSaúdo. Que tal, como estades?
TRAEDE O VOSO LIBRO DE LECTURA.
Cada un de vós lerá o que escribiu sobre o seu libro, comentar como vai coa RUTINA DE LECTURA, e envio de correo electrónico. Temos que repetir a foto porque non estábamos todos no momento que a fixemos. Así que tod@s co libro para a foto do 23 de Abril, Día do libro!!
2º Acompáñanos Teacher Merche que fala así:
Hello,girls and boys of the 3rd level of Primary Education.How are you?I hope you’re fine.
Ola, rapazas e rapaces de 3°curso.Cómo estades? Espero que ben. Mándovos 1 ficha sobre os números do 1 ó 100 pero…OLLO!non quero que a fagades de momento.Só quero que lle botedes 1 vistazo e…xa falaremos esta semana dela cando me conecte á videoconferencia que teñades coas vosas profes.See you soon.Vémonos.Kisses.Bicos
3º «Pensando saír de casa»: está cerca o momento de poder saír…hai que pensar que nos gustaría facer, onde queremos ir, dentro do posible, como o faremos, que é o verdadeiramente importante…reflexionamos sobre esta importante cuestión preparándonos para un precioso futuro…moi moi próximo!
ACTIVIDADE: Escribir un pequeno texto L Galega entre 5-10 liñas. Eu aconsello primeiro facelo no voso cuaderno e cando xa vedes que vos gusta como queda escrito, pasalo ao correo electrónico para enviarmo. Lerémolos na próxima reunión.
4º Repaso oral: Kg e gramos: 1 Kg =1.000g (Quedei mal a gusto e quero reforzar!!!)
5º Próxima reunión O LUNS; 27 de abril se non hai novidade. Avisarei antes
6º PREGUNTAS OU ACLARACIÓNS.
FAMILIAS!!: TODO O DITO SON PROPOSTAS, QUE CADA UN DE VÓS SABE SE SON VIABLES OU NON. ESTAMOS EN CONTACTO PARA AXUDAR. MOITO ÁNIMO!!